RAS
NEUTRO APPLICATIONS
__________________________________________
Neutro Applications é unha empresa de enxeñería centrada no deseño e construción de instalacións acuícolas especializada en RAS. Definimos ditas infraestruturas ao longo de tódalas fases das que consta o seu proxecto, dende o seu orzamento, deseño, fabricación e xestión da construción ata a posta en marcha final e a xestión da súa explotación.
A ACUICULTURA, SECTOR DE FUTURO
Segundo a FAO, o consumo mundial de peixe per cápita alcanzou o seu máximo histórico de 20kg en 2014 e prevése siga aumentando no futuro. Se a isto engadímoslle o crecemento constante da poboación, obsérvase que se producirá un gran aumento na demanda de produtos do mar. Debido á sobreexplotación dos caladoiros, este incremento foi abastecido pola acuicultura, chegando en 2014 a se-la orixe do 50% do consumo mundial de peixe e o cal se estima que chegará en 2025 a ser do 57% do total. Convértese así nun sector estratéxico para a sociedade cuxa tecnificación será de esencial importancia para situarse no rivalizado mercado global inmediato.
RAS: SISTEMA DE RECIRCULACIÓN PARA ACUICULTURA
O Sistema de Recirculación para Acuicultura ou RAS (Recirculating Aquaculture System) demostrouse como o máis avanzado sistema de xestión da auga capaz de asumir de maneira sustentable o aumento de produción derivado da evolución do mercado acuícola mundial. Nun RAS, en esencia, a auga proveniente dos tanques de produción é conducida á planta de tratamento e reenviada aos mesmos unha vez recuperada a calidade desexada.
En Neutro Applications estamos especializados na implantación e utilización deste sistema. Somos expertos no deseño, fabricación e instalación de plantas de tratamento de auga para o funcionamento desta tecnoloxía a cal podemos incorporar tanto ao deseño integral de granxas de peixes como de depuradoras de marisco ou calquera outra planta de produción de distinta natureza en circuíto pechado.
A iso incorporámo-lo noso elevado coñecemento técnico en enxeñería e bioloxía acuícolas o cal nos permite, a través do noso traballo de consultoría, satisface-las necesidades dos nosos clientes por complexas que estas resulten.
A xestión da auga está baseada no noso xenuíno RAS, desenvolvido íntegramente polo noso equipo, o cal xorde como resultado dos nosos procesos de I+D+i e a exitosa experiencia atesourada.
A través do noso RAS, podemos controla-las características do medio onde se desenvolven os individuos: a auga de cultivo. Podemos fixa-las condicións desta auga no punto óptimo para o crecemento de cada especie e minimiza-lo impacto de patoloxías sobre elas. Desta maneira, os animais crecen en condicións controladas: controlando a calidade da auga conseguímo-lo control da produción.
REUTILIZACIÓN DE AUGA
A reutilización permite o aforro de entre un 90-99% da auga nova e o control das características do medio de cultivo.
CALIDADE-CANTIDADE DE PEIXE
O control do medio de cultivo e a diminución de patóxenos permiten aumenta-lo rendemento da produción e aumenta-la calidade do produto así como o seu valor.
XESTIÓN SUSTENTABLE DOS RESIDUOS
A concentración dos residuos e a súa separación da auga de produción permite reduci-lo seu volume e facilita-la súa eliminación mediante tratamento axeitado.
AFORRO E AUMENTO DE GANANCIA
Considerable redución dos custos de explotación. A produción sen patóxenos e con sistema sustentable achega un valor engadido altamente monetizable.
COMPROMISO AMBIENTAL
Actividades de reducido impacto no medio que garantan a sustentabilidade e futuro do noso planeta son un valor indubidable para a nosa sociedade.
SPF (GRANXA LIBRE DE PATÓXENOS)
A través dun deseño global da granxa: hidráulica, materiais, zonificación, tratamento… Neutro Applications pode ofrecer unha granxa SPF, libre de patóxenos.