SERVIZOS
_________________________________________
DESEÑO TÉCNICO / XESTIÓN DE PROXECTOS
Encargámonos do deseño e planificación de alta calidade de calquera infraestrutura acuícola ou calquera das partes que a compoñen. Tamén proxectamos modificacións ou ampliacións de plantas existentes con ou sen RAS.
FABRICACIÓN, MONTAXE E INSTALACIÓN
Podemos ofrece-las nosas plantas de tratamento como proxecto chave en man, as cales só terán que ser conectadas á entrada e saída de auga, así como a montaxe e instalación de calquera dos equipos que deseñamos, fabricamos e fornecemos.
ASISTENCIA TÉCNICA Á DIRECCIÓN DE OBRA
Asistimos e apoiamos aos nosos clientes nos procesos de construción de instalacións acuícolas parciais ou completas, deseñadas ben por nós ou por terceiros, podendo usar así a nosa experiencia e know-how co fin de mellora-los resultados e aforrar custos.
CONSULTORÍA EN ACUICULTURA E APOIO TÉCNICO
O coñecemento técnico de Neutro Applications no sector da acuicultura permítenos brindar o apoio e asesoramento que os produtores poidan necesitar, podendo abarcar calquera campo relacionado e achegar solucións exitosas de alto valor.
CONVERSIÓN DE PLANTAS EXISTENTES
Xestionámo-lo proceso de conversión de granxas existentes con funcionamento en circuíto aberto evolucionándoas a circuíto pechado: estudo de viabilidade, estimación de custos, desenvolvemento da solución e execución final.
FORNECEMENTO E DESEÑO DE EQUIPOS
Fornecemos, montamos e asesoramos sobre a adquisición de calquera equipo necesario. Podemos desenvolver equipos singulares para cubrir necesidades concretas.
TRATAMENTO DE AUGAS
As nosas plantas de tratamento devolven á auga de cultivo as características ideais para a vida dos animais acuáticos. O máximo nivel de tratamento componse de filtración mecánica grosa, filtración biolóxica, eliminación de proteínas, oxidación de materia orgánica, filtración fina con area e desinfección con luz ultravioleta.
DESEÑO HIDRÁULICO
O deseño hidráulico axuda á protección contra patóxenos, evita a súa proliferación e aumenta a eficiencia mecánica do conxunto. Ofrecemos deseños optimizados que integran o sistema no programa funcional do edificio á vez que aseguran unha eficiente e axeitada condución da auga de proceso.
SISTEMAS ELÉCTRICOS
Deseñamo-los sistemas de alimentación e manexo dos dispositivos eléctricos de que se compoñen as nosas instalacións, asegurando a eficiencia e a seguridade adecuadas así como a interoperatividade cos posibles elementos existentes. O nivel de sofisticación da interacción cos nosos cadros eléctricos se amolda ás preferencias do cliente.
AUTOMATIZACIÓN / SKADA
Existe a posibilidade de automatización case completa da planta. Segundo preferencias, poderá incluír programación de PLC’s, control remoto, SKADA, control multiplataforma, aviso de alarmas en dispositivos móbiles, sistemas de seguridade complexos…
TECNOLOXÍA DO PLÁSTICO
Temos unha longa experiencia no traballo con plásticos e elevados coñecementos técnicos acerca dos mesmos. As súas altas resistencias química e á corrosión convértenos en materiais excelentes para o traballo en ambientes salinos pola súa durabilidade e resultados. Grazas á nosa tecnoloxía de última xeración, podemos fabricar tanques, separadores de graxas, estruturas, soportes, revestimentos, bancadas… etc
TANQUES / HIDRODINÁMICA
A hidrodinámica resulta de vital importancia no deseño de tanques para cultivo de peixes ao influír na vida dos mesmos e no arrastre ou depósito de sedimentos nocivos. Deseñamos e fabricámo-los nosos tanques axuntando este factor coa tecnoloxía de materiais plásticos, as necesidades biolóxicas das distintas especies e os seus graos de crecemento ofrecendo así tanques de cultivo de última xeración.
Acerca do noso traballo